3 de febrero de 2011

O ANINOVO CHINÉS

       Hoxe os nenos e nenas de 1º celebramos cos nosos compañeiros WEIXUÉ e MENCÍA o Aninovo chinés.












E así de guapos viñeron hoxe ao  cole.

      Agora sabemos que comeza en China o ano do coello. Din que o coello é símbolo de serenidade, bos modais, lonxevidade e sensibilidade.


      Aquí estamos cos coellos que nós mesmos fixemos con moito esforzo e coidado. Xa vistes que os levamos pra casa para recordar o que celebramos hoxe.



      E despois do traballo un pouquiño de festa. Xuntámonos todos os nenos e nenas de primeiro, e Weixué e Mencía repartiron mandarinas e moedas. As mandarinas son símbolo de boa sorte, e as moedas simbolizan a prosperidade nos negocios que se pide para o novo ano.        

      Como algúns de nós non sabiamos como ían polas estradas facendo o desfile co dragón, amososáronos as profes un pequeno vídeo da festa que se celebrou en Madrid.


30 de enero de 2011

O DÍA DA PAZ

       Hoxe 30 de xaneiro é o día da paz. Nós traballamos toda a semana para que a palabra paz non sexa algo abstracto para os nenos/as.
       E o venres saímos ao patio a facer o símbolo da paz e cantar a canción que estivemos ensaiando. Tamén fixemos unhas bonitas manualidades que seguro vos gustaron moito.

A COMETA DA PAZ

 Antes de saír ao patio sacamos a foto coa pomba da paz, o mural dos nosos desexos e as nosas cometas da paz .
 Aquí estamos todos no patio debuxando o símbolo da paz.
 E despois da celebración xogamos en 1ºB o xogo da Oca, pero este, con imaxes da PAZ.

26 de enero de 2011

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

 O próximo día 30 de xaneiro está adicado á celebración do día da Paz. Nos ímolo celebrar  o venres  e para iso preparamos algunhas cousiñas, unha delas é a canción PAZ PAZ PAZ de Juanes.
Aquí vos queda para que a poidades escoitar.

25 de enero de 2011

XA VAN APARECENDO AS OBRAS DO INVERNO

20 de enero de 2011

EL MUÑECO DE NIEVE

         Continuamos co inverno e unha das cousas que máis lles gusta aos nenos e nenas son os bonecos de neve. Sobre el hai moitos contos diferentes. Nas clases temos contos que lemos pero tamén hai algunha película sobre el como ésta que vimos. Va que é unha historia fermosa:


19 de enero de 2011

Feliz aniversario Elena e Sergio

       Empezou o ano e xa comezamos cos aniversario. Estes días celebramos o aniversario de dous compañeiros que xa cumpriron os 7 ANOS.
Elena e Sergio.
Elena cumpriu os anos o 12 de xaneiro e Sergio o 16 de xaneiro.


12 de enero de 2011

OS DÍAS DA SEMANA

    Tres días de cole e xa estamos traballando moito: en mates estamos falando da orde dos días da semana e como aínda se nos esquece un pouco temos aquí unha canción que nos recorda como vai. É moi divertida!