30 de enero de 2011

O DÍA DA PAZ

       Hoxe 30 de xaneiro é o día da paz. Nós traballamos toda a semana para que a palabra paz non sexa algo abstracto para os nenos/as.
       E o venres saímos ao patio a facer o símbolo da paz e cantar a canción que estivemos ensaiando. Tamén fixemos unhas bonitas manualidades que seguro vos gustaron moito.

A COMETA DA PAZ

 Antes de saír ao patio sacamos a foto coa pomba da paz, o mural dos nosos desexos e as nosas cometas da paz .
 Aquí estamos todos no patio debuxando o símbolo da paz.
 E despois da celebración xogamos en 1ºB o xogo da Oca, pero este, con imaxes da PAZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario