21 de noviembre de 2011

AS ELECCIÓNS

A semana pasada traballamos na clase as eleccións. O ano pasado xa votaramos para o alcalde aproveitando que eran as eleccións locais. E agora non quixemos perdernos as eleccións xerais.

Por grupos formaron distintos partidos políticos ( inventados por cada un deles), pensaron nun lema para a súa campaña e por suposto non faltou o  programa electoral, no que cada partido fixo as súas propostas. Tamén tiveron que decidir quen ía ser o cándidato ou cándidata á presidencia en cada partido. Esa elección fíxose en cada grupo. Logo fixemos as votacións, moi ao noso pesar non chegou a cabina a tempo, pero improvisamos unha diante da nosa aula.

Aquí vos queda a mostra do día das eleccións:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

17 de noviembre de 2011

Así celebramos o magosto

Xa vos contamos, que estabamos a traballar cunha personaxe especial relacionada co magosto: A CASTAÑEIRA. Pois aquí vos queda unha pequena montaxe co noso traballo e un poema.




E aquí tedes a mostra de como o celebramos hoxe no patio do cole. Tivemos moitísima sorte co tempo e puidemos facer todos os xogos e tampouco faltou a fogata que tanto nos gusta.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow created with Smilebox

12 de noviembre de 2011

Las hojitas del otoño

Aquí vos queda unha montaxe co recitado dun poema do outono en castelán. Esperamos que vos guste.






TRANSCRIPCIÓN DO POEMA aquí

9 de noviembre de 2011

Chega o MAGOSTO

Que pouco falta para o Magosto. Esta festa que tanto nos gusta. Na clase xa estamos traballando moito preparando cousiñas.

Pero este ano a profe quitoulle protagonismo á castaña, porque cre que xa a coñecemos moi ben. Este ano a personaxe que estamos traballando é a CASTAÑEIRA e xa veredes o que estamos a facer con ela. De momento queda aquí un material que está feito por outras persoas e que nos van a axudar no traballo.


Un Libro Interactivo Multimedia:


E este conto:

7 de noviembre de 2011

ANIVERSARIO DE ALFONSO


ESTAMOS DE ANIVERSARIO
O PASADO 31 DE OUTUBRO

ALFONSO 

CUMPRIU OS 7 ANOS

MOITAS FELICIDADES

4 de noviembre de 2011

PERSONAXES DE MEDO

No seguinte enlace ao blog do colexio podedes atopar unha presentación, na que se fala das distintas personaxes de medo coas que traballamos nas distintas aulas. Estades preparados/as para entrar e descubrir como son? Adiante!

3 de noviembre de 2011

O Magosto

Vaites, saimos do Samaín e xa estamos preparándonos para outra celebración. Neste caso tócalle ao MAGOSTO ser o noso centro de atención.

Para ir entrando no tema propóñovos que traballedes cun LIM moi  interesante:

Decoracións do Samaín

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Scrapbook made with Smilebox