Cacarabín, cacarabón

Comezamos pois co novo traballo. Xa vistes a foto do libro co que imos traballar.


Ben, pois aquí propoñémosvos que sexades pequenos INVESTIGADORES. Uhhhh, que interesante, ides investigar. Tedes que intentar conseguir a resposta a unhas preguntiñas para contestalas na ficha que vos dá a profe.
Como este é o primeiro traballo de investigación, ímolo facer todos xuntos/as.

Se pinchades nos enlaces podedes buscar neses textos a resposta ás preguntas. Debaixo de cada enlace tedes as preguntas que podedes contestar con ese texto.


http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=418
  1. Cal é o título do libro?
  2. Que tipo de libro é?
  3. Como se chama o autor do libro?

  1. Onde naceu o autor?
  2. Que profesión ten? 
  3. Cando escribiu o libro?
  4. Escribiu o autor moitos libros para nenos e nenas?

  1. Quen fixo os debuxos do libro? (Buscade o ilustrador)

Aquí podedes ver máis obras do Ilustrador do libro e do que xa sabedes o nome, ¿verdade?

http://www.teopuebla.com/obra.htm


E aquí quedanvos algunhas obras do autor

http://www.poemitas.com/pagt.htm

Canto aprendestes. Seguro que sabedes contestar a tódalas preguntas sen mirar a ficha.