31 de octubre de 2010

Samaín - Halloween

       O venres celebramos no colexio o Samáin.Fixemos moitos traballos tanto na nosa aula como para inglés. Mirade as nosas obras para decorar:

         E asi de guapos estabamos coas nosas caretas e coas pantasmas que preparamos.

1ºA
1ºB




        E sabedes as profes quixéronos asustar, leváronos á aula de informática que estaba a escuras e puxéronos sons de medo, uuhhhhh. Menos mal que logo nos puxeron unha película dos Little Einsteins na que nos contaban un pouco sobre o Halloween.

28 de octubre de 2010

OS SENTIDOS

         No tema que estamos a traballar en coñecemento do medio estamos aprendendo os sentidos. Aquí vos queda unha entretida canción para aprendelos de forma divertida.


14 de octubre de 2010

LELO E AS ESTACIÓNS

Aquí deixamosvos un vídeo que vimos hoxe sobre un burro que vai pasando polas distintas estacións.

12 de octubre de 2010

OS DEDOS DA MAN



Video para que os nenos e nenas aprendan dunha maneira divertida os nomes dos dedos da man.

7 de octubre de 2010

AS VOGAIS

Escoitamos na clase esta canción das vogais que nos gustou moito e que xa algúns sabemos de memoria.
Aquí vola poñemos para que a escoitedes vós.


6 de octubre de 2010

E SEGUIMOS CON ELMER

Onte propuxéronos as profes facer un Elmer xigante pegando nel papeis de diferentes formas e diferentes cores mirade o comezo e a ver como o rematamos:


5 de octubre de 2010

CHEGOU O OUTONO

O 23 de septembro o axudante de 1ºB tivo traballo. Imaxinade houbo que cambiar a estación do ano. A partires dese día estamos no Outono como podedes ver nesta pequena imaxe:
E todos nós, 1ºA e 1ºB aprendemos unha fermosa poesía do outono. Preguntádenos e veredes que ben a memorizamos.

Aquí vos queda para que o poidades comprobar:

Otoño, otoño, que bonito es
las hojas de los árboles empiezan a caer
colores marrones, naranjas y limones
que bonito es, el otoño otra vez.

O/A AXUDANTE DA MESTRA

Na clase de 1º A hai cada día un/unha axudante da mestra,  quen ten que organizar o panel do tempo, poñendo o tempo que vai, a estación do ano  na que estamos, o día da semana e o mes.

E máis tarefas coma contar cantos estamos na aula, quen falta, dicir a data para poñela no encerado, repartir fichas e libros para traballar e ser o primeiro na fila para saír das aulas.

Estas actividades gústanos moito, porque cada día un de nós é moi, moi importante.


O colgante do/a axudante

O noso panel do tempo

O NOSO ELMER

Uns días despois de ver o conto de Elmer fixemos as nosas creacións e mirade que elefantes máis bonitos calcamos e coloreamos.

As creacións de 1ºB

Elmer, un elefante peculiar

Ao principio de curso contáronos as profes un conto moi bonito. Trata dun elefante que é distinto dos demais.



Deixámosvos aquí unha versión en inglés con subtítulos en castelán que atoparon, para que vexades que bonito é o conto.



Ao finalizar a escoita do conto houbo intercambio de opinións. E chegamos a unha conclusión moi importante.


Da igual como sexamos no exterior, non importa a raza nin a cor o importante está dentro de nós.