5 de octubre de 2010

Elmer, un elefante peculiar

Ao principio de curso contáronos as profes un conto moi bonito. Trata dun elefante que é distinto dos demais.



Deixámosvos aquí unha versión en inglés con subtítulos en castelán que atoparon, para que vexades que bonito é o conto.



Ao finalizar a escoita do conto houbo intercambio de opinións. E chegamos a unha conclusión moi importante.


Da igual como sexamos no exterior, non importa a raza nin a cor o importante está dentro de nós.

1 comentario:

  1. Paréceme moi interesante a iniciativa de creación deste blog, felicítovos por elo e polo traballo que desenvolvedes.
    Vimos de ver (Weixué e máis eu) o precioso conto de Elmer e, ademais de estar de acordo coas vosas conclusións, pensamos que cada un de nós somos quen somos precisamente grazas as nosas diferenzas, das que debemos sentirnos moi orgullosos.

    ResponderEliminar