Hoxe celébrase o ANINOVO en China. Polo tanto Weixué está de festa e queremos celebrar con él.
Aqui vos deixo un video que nos amosa como celebran estes días en Madrid o Aninovo Chinés.
O ano 2012 é o ano do DRAGÓN.
Este video non é moi actual pero explícanos un pouco dos costumes que ten a poboación chinesa para celebrar esten día:
Mostrando entradas con la etiqueta O aninovo chinés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O aninovo chinés. Mostrar todas las entradas
22 de enero de 2012
3 de febrero de 2011
O ANINOVO CHINÉS
Hoxe os nenos e nenas de 1º celebramos cos nosos compañeiros WEIXUÉ e MENCÍA o Aninovo chinés.
E así de guapos viñeron hoxe ao cole.
Agora sabemos que comeza en China o ano do coello. Din que o coello é símbolo de serenidade, bos modais, lonxevidade e sensibilidade.
Aquí estamos cos coellos que nós mesmos fixemos con moito esforzo e coidado. Xa vistes que os levamos pra casa para recordar o que celebramos hoxe.
E despois do traballo un pouquiño de festa. Xuntámonos todos os nenos e nenas de primeiro, e Weixué e Mencía repartiron mandarinas e moedas. As mandarinas son símbolo de boa sorte, e as moedas simbolizan a prosperidade nos negocios que se pide para o novo ano.
Como algúns de nós non sabiamos como ían polas estradas facendo o desfile co dragón, amososáronos as profes un pequeno vídeo da festa que se celebrou en Madrid.
Publicado por
OS BULEBULE
Etiquetas:
O aninovo chinés
Suscribirse a:
Entradas (Atom)