26 de octubre de 2011

La bruja loca

Aquí os dejo una canción cortita, pero muy entretenida de una bruja.

As Meigas

Estamos traballando un pouco sobre o personaxe da meiga, para o Samaín. Preparamos cos nenos e nenas de 2ºA un mural e fixemos distintos traballos na aula.


Estamos lendo un conto que se chama "La bruja cuentista" que trata dunha meiga que cambia os contos tradicionais, porque lle parecen aburridos. Entón a Carapuchiña Vermella de repente é mala e o Lobo Feroz vólvese bo, e así fixo varios cambios.

Pero como é unha meiga? Pois aquí vos quedan algunhas das nosas descripcións:

IRIA

"Eu son unha meiga. Vou nunha vasoira e gústanme os gatos e sempre cando me esperto mírome no meu espello para ver se teño pecas. Como serpes e levo un gorro negro e punteagudo."


VERA


" Eu son unha meiga. E o meu animal preferido é o gato claro e o gato negro. Gústame estar sucia.   Teño 50 anos. Coa miña vasoira vou a todos os lados."


JORGE


"Ola eu son unha meiga. E gústanme os gatos negros. Vou a asustar a nenos e nenas. Gústame comer serpes. Gústame voar coa miña vasoira. E gústame deixar a casa sucia."


XIÁN


"Eu son unha meiga. E gústame o sapo rebozado e vístome cunha tea negra e unhas botas negras. Gústame preparar pócemas e saír polas noites coa vasoira e asustar aos nenos e nenas. Pero non son tan mala como din."


DIEGO


"Eu son unha meiga. O meu vestido é negro. Eu teño verrugas e gustánme os gatos negros. Eu preparo pócemas e teño o gorro punteagudo e teño os zapatos de tacón. Teño unha vasoira e teño poucos anos."


BRAIS


"Eu son unha meiga. Eu son unha meiga moi, pero moi mala. Eu teño un vestido moi feo e un gorro moi feo.  E son moi mala mala. E gústame o gato."


MIGUEL


"Eu son unha meiga. E no nariz teño unha verruga. De animal gústame o gato negro e de roupa un sombreiro de copa con adornos de estrelas e tamén un vestido de cor gris e para voar teño unha vasoira."


ALFONSO


"Eu son unha meiga. O meu animal favorito é o gato negro. Eu teño unha verruga. Gústame vestir roupa sucia. O meu vehículo favorito é a vasoira. Gústame facer pócemas. A miña comida favorita son as serpes. Saio polas noitas a asustar nenos e nenas."


ADRIÁN


"Eu son unha meig. Gústame a vasoira, gústame o gato. Eu teño verrugas. Gústame ter a casa sucia e vestir roupa sucia. A miña roupa é de cor negra."


RAÚL


"Eu son unha meiga. Gústame facer máxia, gústame a vasoira e ter a casa sucia e a roupa sucia. Teño unha verruga no nariz, uns zapatos negros e teño un gato negro. Asusto á xente e fago trampas e tamén trasnadas. Fago pócemas para converter a xente e ra. Gústame falar coas meigas e na miña casa hai ratos e serpes e lagartos. A miña casa está nun bosque que mete moito medo. No bosque hai moitos animais que cando me ven foxen moi axiña porque teñen medo."


ELENA


"Eu son unha meiga e gústame o gato como máscota. A miña roupa favorita é de pel de cocodrilo e gústanme os zapatos de pel de cebra e o sombreiro de pel de lémur."


WEIXUÉ


"Eu son unha meiga. Vístome con roupa sucia. A miña mascota é un gato negro. Saio pola noite coa miña vasoira. Almorzo cobras con salsa de tomate. Os meus zapatos están feitos de cabeza de dragón e de pel de serpe. Gústame ter a casa sucia antes de marchar. Gústame facer pócemas."


Xa vedes que aquí non faltan detalles nin imaxinacións. Qué artistas. Claro que houbo correccións para que soara ben. Pero as ideas non lle faltaron.

Próximamente publicaremos algunhas fotos do noso traballo.

EL ABECEDARIO

Estos días estamos trabajando con las letras del abecedario. Para ello hemos visto esta canción que nos gustó mucho. A ver si os dais cuenta de la letra que falta en la canción.


20 de octubre de 2011

19 de octubre de 2011

Aniversario

Hoxe celebramos un aniversario na clase.

Tocoulle a....

MIGUEL

que cumpriu os 7 anos.

MOITAS FELICICADES


13 de octubre de 2011

O noso esqueleto

Aquí vos deixo un LIM (libro interactivo multimedia) que preparei para traballar sobre o esqueleto. Xogade moito e sabredes logo moito sobre este tema.


9 de octubre de 2011

Os ósos e as articulacións (Tema 1-Coñecemento do medio)

Aquí vos queda unha animación sobre os ósos e as articulacións. Espero que vos guste e que vos axude a entender mellor o tema:

4 de octubre de 2011

As follas do outono

3 de octubre de 2011

Aniversario de anos de Iria e Jose María

Comezamos coa celebración dos aniversarios deste curso.

Seguimos cumprindo os 7 anos.

O venres dedicámoslle o día dos aniversarios a:

JOSÉ MARÍA,  que cumpriu os anos o 13 de agosto de 2011

e
IRIA, que cumpriu os anos o 7 de setembro de 2011.

MOITAS FELICIDADES AOS DOUS, AÍNDA QUE SEXA CON ALGO DE RETRASO