SAMAÍN

Este ano estamos dedicándolle todo o mes de outubro a preparar cousiñas para celebrar o Samaín. Para comezar estamos preparando unha pequena obra de teatro, e practicar así a entoación e o ritmo, así como a pronunciación. Logo se o facemos moi moi ben igual ya podemos presentar algún curso do cole. Temos que practicar moito e esforzarnos.

Esta é a obra:

Ademais cada día estamos lendo os encargados da clase dun libro de medo e pesadelos. Outra activade que nos propuxo a profe para practicar a lectura en algo e a expresividade.



Tamén imos aprender unha canción de Mamá Cabra que se titula "O Samaín" e para a que fixeron un video no CEIP Mestres  Goldar, para cantala polos corredores do colexio.




E ahí tamén atopamos unhas versións da canción tanto con letra como para karaoke en mp3

O SAMAÍN Canción con letra

O SAMAÍN Versión karaoke

Iremos practicando a canción ata que a saibades ben de memoria e a poidamos cantar e grabar.

Ah, non nos debemos esquecer que hai que decorar a clase e para iso quedan aquí uns enlaces para fichas que imos imprimir e facer. Espero que vos gusten moito.




ESQUELETO PARA MONTAR (coñecemento do medio)


LABERINTO (matemáticas)

E como temos que aprender a escribir contos, imos escribir o noso conto terrorífico seguindo unhas pautas. Isto farémolo por grupos para que nos sexa máis doado. 


Aínda porriba tocounos traballar sobre un personaxe de medo para facer o noso mural. Cando o teñamos preparado verémolo todos na entrada ao blog. 

E TAMÉN IMOS....

..... aprender cousas do Samaín:

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

... colorear debuxos  no ordenador ou no encerado dixital:

Samaín