28 de febrero de 2011

Mandato para o martes 1 de marzo

26 de febrero de 2011

Damos comezo á semana do Entroido

           O venres 25 démoslle no colexio a benvida á semana do Entroido, coa celebración dun desfile con disfraces que cadaquen trouxo das súas casas. Mirade que guapísimos estabamos todos e todas.


        Logo do desfile elexíronse o principe e a princesa de  Educación Infantil e o rei e a raíña de Eduación Primaria estaban guápísimos. Son Brais, Amara, Carlos e Irene.
           Eles son os encargados de darnos cada día o mandato do meco e da meca,  que están aquí sentadiños na entrada do colexio.



E neste cartel anuncian o mandato para o luns. Non esquezades de facerlles caso. E canto máis atrevido sexa o complemento que traiades máis divertidos e colorido será.


24 de febrero de 2011

OUTRA PISTA PARA O DISFRACE

AQUÍ VAI A SEGUINTE PISTA DO NOSO DISFRACE.



Que vos parece. Estamos traballando moitísimo.

16 de febrero de 2011

Felicidades XIÁN

Hoxe cumpriu os 7 anos o noso compañeiro

XIÁN

E estaba moi contento e cantámoslle todas as cancións que sabiamos dos aniversarios.


12 de febrero de 2011

Acércase o Entroido

Falta un mes para o Entroido e xa comezamos cos preparativos do noso disfrace.

Pero non volo imos contar.

        Pensamos que sería máis divertido se o intentabadas adiviñar. Este xoves estivemos facendo algún complemento que formará parte do noso disfrace aquí vos van unhas fotiños para ver que conclusións ides sacando.

Tocavos pensar. 1ºB davos esta primeira pista.


Uhhhhh. Que pista nos dará 1ºA?? Sabremolo logo da seguinte sesión de traballo.

11 de febrero de 2011

Palmo, pié y paso

    En matemáticas descubrimos que no siempre se medía con el metro. Antiguamente se medían las cosas ayudándose del cuerpo.


palmos
pies
paso

Aquí teneis el enlace para un juego divertido.

9 de febrero de 2011

Feliz aniversario Isaac

Hoxe tivemos un aniversario en 1ºA. Toucoulle a


ISAAC

que hoxe cumpriu nin máis nin menos ca 7 aniños. E así o celebrou cos seus compañeiros.

3 de febrero de 2011

O ANINOVO CHINÉS

       Hoxe os nenos e nenas de 1º celebramos cos nosos compañeiros WEIXUÉ e MENCÍA o Aninovo chinés.












E así de guapos viñeron hoxe ao  cole.

      Agora sabemos que comeza en China o ano do coello. Din que o coello é símbolo de serenidade, bos modais, lonxevidade e sensibilidade.


      Aquí estamos cos coellos que nós mesmos fixemos con moito esforzo e coidado. Xa vistes que os levamos pra casa para recordar o que celebramos hoxe.



      E despois do traballo un pouquiño de festa. Xuntámonos todos os nenos e nenas de primeiro, e Weixué e Mencía repartiron mandarinas e moedas. As mandarinas son símbolo de boa sorte, e as moedas simbolizan a prosperidade nos negocios que se pide para o novo ano.        

      Como algúns de nós non sabiamos como ían polas estradas facendo o desfile co dragón, amososáronos as profes un pequeno vídeo da festa que se celebrou en Madrid.