3 de febrero de 2011

O ANINOVO CHINÉS

       Hoxe os nenos e nenas de 1º celebramos cos nosos compañeiros WEIXUÉ e MENCÍA o Aninovo chinés.












E así de guapos viñeron hoxe ao  cole.

      Agora sabemos que comeza en China o ano do coello. Din que o coello é símbolo de serenidade, bos modais, lonxevidade e sensibilidade.


      Aquí estamos cos coellos que nós mesmos fixemos con moito esforzo e coidado. Xa vistes que os levamos pra casa para recordar o que celebramos hoxe.



      E despois do traballo un pouquiño de festa. Xuntámonos todos os nenos e nenas de primeiro, e Weixué e Mencía repartiron mandarinas e moedas. As mandarinas son símbolo de boa sorte, e as moedas simbolizan a prosperidade nos negocios que se pide para o novo ano.        

      Como algúns de nós non sabiamos como ían polas estradas facendo o desfile co dragón, amososáronos as profes un pequeno vídeo da festa que se celebrou en Madrid.


1 comentario: