5 de octubre de 2010

O/A AXUDANTE DA MESTRA

Na clase de 1º A hai cada día un/unha axudante da mestra,  quen ten que organizar o panel do tempo, poñendo o tempo que vai, a estación do ano  na que estamos, o día da semana e o mes.

E máis tarefas coma contar cantos estamos na aula, quen falta, dicir a data para poñela no encerado, repartir fichas e libros para traballar e ser o primeiro na fila para saír das aulas.

Estas actividades gústanos moito, porque cada día un de nós é moi, moi importante.


O colgante do/a axudante

O noso panel do tempo

No hay comentarios:

Publicar un comentario