12 de octubre de 2010

OS DEDOS DA MAN



Video para que os nenos e nenas aprendan dunha maneira divertida os nomes dos dedos da man.

7 de octubre de 2010

AS VOGAIS

Escoitamos na clase esta canción das vogais que nos gustou moito e que xa algúns sabemos de memoria.
Aquí vola poñemos para que a escoitedes vós.


6 de octubre de 2010

E SEGUIMOS CON ELMER

Onte propuxéronos as profes facer un Elmer xigante pegando nel papeis de diferentes formas e diferentes cores mirade o comezo e a ver como o rematamos:


5 de octubre de 2010

CHEGOU O OUTONO

O 23 de septembro o axudante de 1ºB tivo traballo. Imaxinade houbo que cambiar a estación do ano. A partires dese día estamos no Outono como podedes ver nesta pequena imaxe:
E todos nós, 1ºA e 1ºB aprendemos unha fermosa poesía do outono. Preguntádenos e veredes que ben a memorizamos.

Aquí vos queda para que o poidades comprobar:

Otoño, otoño, que bonito es
las hojas de los árboles empiezan a caer
colores marrones, naranjas y limones
que bonito es, el otoño otra vez.

O/A AXUDANTE DA MESTRA

Na clase de 1º A hai cada día un/unha axudante da mestra,  quen ten que organizar o panel do tempo, poñendo o tempo que vai, a estación do ano  na que estamos, o día da semana e o mes.

E máis tarefas coma contar cantos estamos na aula, quen falta, dicir a data para poñela no encerado, repartir fichas e libros para traballar e ser o primeiro na fila para saír das aulas.

Estas actividades gústanos moito, porque cada día un de nós é moi, moi importante.


O colgante do/a axudante

O noso panel do tempo

O NOSO ELMER

Uns días despois de ver o conto de Elmer fixemos as nosas creacións e mirade que elefantes máis bonitos calcamos e coloreamos.

As creacións de 1ºB

Elmer, un elefante peculiar

Ao principio de curso contáronos as profes un conto moi bonito. Trata dun elefante que é distinto dos demais.



Deixámosvos aquí unha versión en inglés con subtítulos en castelán que atoparon, para que vexades que bonito é o conto.



Ao finalizar a escoita do conto houbo intercambio de opinións. E chegamos a unha conclusión moi importante.


Da igual como sexamos no exterior, non importa a raza nin a cor o importante está dentro de nós.