22 de diciembre de 2010

REMATOU O PRIMEIRO TRIMESTRE

  Ata aquí chego o primeiro trimestre. Foron uns meses de adaptación e de novas experiencias. Aprendemos moitas cousa e quedanos moitísimas que aprender. Pero.... despois destas merecidas vacacións.

    Quédanos unha cousiña:

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Free digital ecard customized with Smilebox

O FESTIVAL DE NADAL

         HOXE CELEBRAMOS NO COLEXIO O NOSO PEQUENO FESTIVAL DE NADAL. VIÑERONOS VISITAR OS REIS MAGOS E CANTAMOS AS NOSAS PANXOLIÑAS




17 de diciembre de 2010

Decoramos para o Nadal

      Que cerquiña está xa o Nadal. E todos estamos a preparar cousas para que o colexio quede decorado. Vede aquí cantas cousas fixemos. E incluso preparamos uns pequenos traballos sobre o Nadal noutros lugares. Observade a ver se vedes cales nos tocaron aos primeiros.

16 de diciembre de 2010

LOS COLORES VAMOS AL PORTAL

O próximo mércores cantaremos os nenos e nenas de 1º esta canción:

14 de diciembre de 2010

30 de noviembre de 2010

Panadeiros por un día

      O venres fomos a ver como se fai o pan. E sabedes, traballamos e ninguén nos rifou por mancharnos a roupa. Aquí tedes unhas poucas fotos de mostra.




       E aquí fixemos unha pequena montaxe de como se fai o pan e as pequenas pizzas.



25 de noviembre de 2010

Plantamos árbores

      Hoxe veu a nosa aula o profe Jose para facer unhas plantacións. Hai uns días chegaron ao cole unhas caixiñas onde poñía Nickológico. E sabedes dentro desa caixiña viñan unhas landras e unha árbore pequena. Plantámolas alí na aula e agora tócanos coidar delas, para que crezan e se convertan en grandes árbores que tanto necesitamos para respirar.
Vede que ben traballamos.


E isto só é o comezo porque temos pensado plantar máis plantas. Xa vos iremos informando.