25 de noviembre de 2010

Plantamos árbores

      Hoxe veu a nosa aula o profe Jose para facer unhas plantacións. Hai uns días chegaron ao cole unhas caixiñas onde poñía Nickológico. E sabedes dentro desa caixiña viñan unhas landras e unha árbore pequena. Plantámolas alí na aula e agora tócanos coidar delas, para que crezan e se convertan en grandes árbores que tanto necesitamos para respirar.
Vede que ben traballamos.


E isto só é o comezo porque temos pensado plantar máis plantas. Xa vos iremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario