16 de marzo de 2012

Xa temos o noso periódico

Esta semana tivemos de protagonistas ao periódico e as noticias, como puidestes ir vendo traballamos moito e aprendemos moito.

Pois chegou o momento de poñer en práctica algunha das cousas que aprendemos e de ahí que creamos o noso periódico de aula, no que recolleremos as noticias que nos parecen interesantes. Cando teñamos unhas cantas actualizaráse o periódico e iremos engadindo páxinas.

De momento temos poucas pero algúns xa somos xornalistas, outros axudaron para que a redacción quedase correcta. O nome que aparece baixo a noticia é do neno ou nena que a trouxo a aula.

Esperemos que vos guste esta iniciativa. A nós axúdanos moito a establecer a orde dos acontecementos e a redactar o máis claro posible para que todos poidan entender as noticias.

Este é un pequeno recorte anunciando a creación do periódico. Nós fixemos un parecido cunha noticia.

Se agora queredes ler ese periódico que tanto nos gusta só tedes que pinchar sobre o nome.

A VOZ DOS BULEBULE


Xa se me esquecía, á marxe dereita tedes a imaxe que aparece aquí enriba e ahí vos queda o enlace directo ao periódico. Cada vez que engadamos noticias actualizarémolo e publicarémolo ahí.
Estade atentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario