15 de marzo de 2012

SOMOS PERIODISTAS

Como sabedes esta semana estamos a traballar sobre a prensa. Estivemos vendo a historia  da prensa, como se fai un periódico e tamén vimos a estrutura dunha noticia nos videos que tedes nunha entrada anterior. 

Hoxe vimos algúns periódicos infantís e gustounos moito este:


Ahí podemos atopar moitas noticias adaptadas a nós.

Pero ahí non quedou a cousa, tamén nos convertemos en periodistas e publicamos algunhas noticias. A primeira publicámola usando esta páxina e víase como se fora un anaco dun periódico de verdade:


E logo chego un momento moi especial. Comezamos a crear o noso propio periódico. Xa temos a primeira páxina e sabedes como se chama? Pois chámase:

A VOZ DOS BULEBULE

Gústavos? Pois en breve amosarémosvos as páxinas que vaiamos creando coas nosas noticias. Ah, a web que empregamos para facelo é esta:


No hay comentarios:

Publicar un comentario