O venres fomos a ver como se fai o pan. E sabedes, traballamos e ninguén nos rifou por mancharnos a roupa. Aquí tedes unhas poucas fotos de mostra.
30 de noviembre de 2010
25 de noviembre de 2010
Plantamos árbores
Hoxe veu a nosa aula o profe Jose para facer unhas plantacións. Hai uns días chegaron ao cole unhas caixiñas onde poñía Nickológico. E sabedes dentro desa caixiña viñan unhas landras e unha árbore pequena. Plantámolas alí na aula e agora tócanos coidar delas, para que crezan e se convertan en grandes árbores que tanto necesitamos para respirar.
Vede que ben traballamos.
E isto só é o comezo porque temos pensado plantar máis plantas. Xa vos iremos informando.
Publicado por
OS BULEBULE
Etiquetas:
Proxecto Plantacións
23 de noviembre de 2010
O CICLO DO PAN
O Venres imos ir os nenos e nenas de primeiro ciclo a visitar o EFA das Neves, para ver como se fai o pan. Imaxinádevos ímonos converter en panadeiros por un día.
Aquí quedan uns pequenos vídeos que van espertar a nosa curiosidade sobre o pan. Ese alimento que comemos tódolos días e que tanto nos gusta.
Publicado por
OS BULEBULE
Etiquetas:
excursiones
20 de noviembre de 2010
20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Os dereitos da infancia están estipulados na Conveción sobre os dereitos do Neno e foi aprobado como tratado internacional de dereitos humanos o 20 de novembro de 1989.
Nesta convención recóllense os seguintes dereitos:
- O dereito á indentidade e a nacionalidade.
- O dereito á protección
- O dereito a non ser explotados
- O dereito a unha vida segura e de benestar
- O dereito a unha atención médica.
- O dereito a unha atención especial ao diminuído
- O dereito á protección contra a discriminación.
- O dereito á igualdade.
- O dereito á educación.
- O dereito a medrar en comprensión, tolerancia, paz e fraternidade.
- O dereito á familia.
- O dereito a medrar con amor, respeto e compresión.
Aquí vai un pequeno vídeo.
E aquí quédavos tamén unha canción moi bonita.
Publicado por
OS BULEBULE
Etiquetas:
Dereitos dos nenos
14 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)