5 de diciembre de 2011

KUENTALIBROS

 Hoxe engadín na lista de blogs, o blog   "KUENTALIBROS" , neste blog nenos e nenas de diferentes cursos e centros presentan os seus libros favoritos. Están facendo algo moi parecido ao que nós estamos facendo estes días cos libros que vos dei. Se lle botades unha ollada, seguro que vos vai gustar e ides ver o sinxelo que é presentar un libro.


Na páxina podedes ver recomendacións de libros organizadas por etapas escolares, polo que vos pode axudar á hora de elexir algún libro para ler, ou mesmo para  pedir, agora que veñen as festas do Nadal.


Espero que vos guste este blog que vos recomendo, e igual podedes participar vós tamén, recomendando o voso libro favorito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario