24 de marzo de 2011

XAIME QUESADA BLANCO

      Hoxe os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB coñecemos a un pintor. Este pintor chámase Xaime Quesada Blanco e naceu en Ourense o 20 de decembro de 1975. 



      
       Os seus país eran María Jesús Blanco, unha coñecida arquitecta, e Xaime Quesada Porto, pintor. Deles herdou a súa faceta artística e dende moi novo gustoulle a pintura. Pasou a súa infancia entre as montañas Ourensás e as praias de Ibiza.
      Isto reflectiase nos seus cadros nos que inicialmente predominaba o azul do mar, pasando logo a creacións de paisaxes nas que tamén tiñan lugar o vermello e o amarelo. 
     A medida que ía medrando e aprendendo máis técnicas de pintura, ían cambiando a súas obras. 
Aquí podedes velas.


      A súa primeira exposición tívoa con 21 anos no ano 1996. E non so usou o pincel para facer os seus cadros, tamén usou o ordenador para facer as montaxes con liñas rectas.

Se queredes ler máis sobre el, podedes ler este artigo:


    Xaime Quesada morreu en xuño de 2006 aos 31 anos de idade. 

     Agora que coñecemos a este pintor, téñenos as profes un traballo preparado. Que será? Estade atentos/as ás novas......

No hay comentarios:

Publicar un comentario