29 de marzo de 2011

Que emoción! Chegou o noso primeiro encargo

Hoxe os nenos e nenas de 1ºB estamos moi emocinados,  chegounos un correo electrónico. Neste correo lemos que xa nos tocou o primeiro traballo para o proxecto "CONSTRUYENDO HISTORIAS" no que nos inscribimos.

Temos que continuar unha aventura de Jorge e Natalia, as personaxes principais dos contos.
Aquí quedan as partes que van antes da que nos toca a nós.

EN LA SELVA

LA MÁQUINA EN LA CUEVA

VIRIATO Y CRESPÓN, LOS NIÑOS MINÚSCULOS

E agora tócanos pensar e poñernos mans á obra.





26 de marzo de 2011

AGORA CHEGOU O ANIVERSARIO DE SARA

ONTE VENRES FOI O ANIVERSARIO DE
SARA.
AGORA TEN 7 ANIÑOS


25 de marzo de 2011

HOXE TIVEMOS VISITA

Hoxe veunos visitar Marío Tomás. E sabedes, contounos algúns contos. Un trataba dun verme e unha lebre, outro dun rei e as súas fillas. Gustounos tanto que estivemos moi moi atentos.

Aquí quedan unhas fotiños da súa visita.



 


24 de marzo de 2011

XAIME QUESADA BLANCO

      Hoxe os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB coñecemos a un pintor. Este pintor chámase Xaime Quesada Blanco e naceu en Ourense o 20 de decembro de 1975. 



      
       Os seus país eran María Jesús Blanco, unha coñecida arquitecta, e Xaime Quesada Porto, pintor. Deles herdou a súa faceta artística e dende moi novo gustoulle a pintura. Pasou a súa infancia entre as montañas Ourensás e as praias de Ibiza.
      Isto reflectiase nos seus cadros nos que inicialmente predominaba o azul do mar, pasando logo a creacións de paisaxes nas que tamén tiñan lugar o vermello e o amarelo. 
     A medida que ía medrando e aprendendo máis técnicas de pintura, ían cambiando a súas obras. 
Aquí podedes velas.


      A súa primeira exposición tívoa con 21 anos no ano 1996. E non so usou o pincel para facer os seus cadros, tamén usou o ordenador para facer as montaxes con liñas rectas.

Se queredes ler máis sobre el, podedes ler este artigo:


    Xaime Quesada morreu en xuño de 2006 aos 31 anos de idade. 

     Agora que coñecemos a este pintor, téñenos as profes un traballo preparado. Que será? Estade atentos/as ás novas......

22 de marzo de 2011

JORGE Y NATALIA

        Jorge y Natalia son dos niños protagonistas del Proyecto Construyendo Historias en el que participamos los niños y niñas  de 1B. Pinchando sobre la imagen se accede al blog del proyecto en el que estos dos niños van a vivir 1001 historias escritas por niños y niñas de distintas partes de España y de la América Latina. Ya hay a día de hoy muchos alumnos/as y tutores/as inscritos y cada uno será encargado de poner su granito de arena para que este proyecto se pueda cumplir. Mientras esperamos que nos llegue nuestra tarea vamos leyendo las distintas historias que se van publicando día a día.

20 de marzo de 2011

O TSUNAMI


O 11 de marzo houbo en Xapón un Tsunami. Vímolo todos/as na tele. Pois temos aquí algunha información sobre este fenómeno natural.







Algo aprendemos sobre os TSUNAMIS. Pero sabemos on ocurriu? Si, en Xapón. Iso xa o sabemos. Pero agora ven a pregunta máis difícil. Onde está Xapón?? Pinchade no seguinte enlace e coa axuda da profe ímolo buscar.



E aquí tedes a 


que seguramente tedes visto moito estes días.

16 de marzo de 2011

14 de marzo de 2011

HOXE TIVEMOS O ANIVERSARIO DE

JORGE 
Tamén el cumpriu os 
7aniños o 13 de marzo e estaba moi contento


12 de marzo de 2011

TEMOS MOITO TRABALLO

Nos próximos días teremos moito moito traballo.

Imos traballar sobre un libro. Aquí vos queda a imaxe da portada para que vaiades pensando de que se tratará.



10 de marzo de 2011

O ANIVERSARIO DE NOEMÍ

O sábado 5 de marzo foi o aniversario de
NOEMÍ
e  entra así a formar parte do grupo dos nenos e nenas con 
7 aniños.


6 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE

AQUÍ ESTÁN AS FOTOS DO DESFILE. QUE GUAPOS E GUAPAS ÍAN ESES BONEQUIÑOS DE NEVE.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow made with Smilebox

4 de marzo de 2011

ANTEFACES E CARETAS

Rematado o noso disfrace, preparamos uns antefaces e unhas caretas para decorar. Que vos parece o resultado final?

3 de marzo de 2011

Celebramos o aniversario de.....

VERA
Hoxe tocoulle a ela cumprir os 7 aniños.


2 de marzo de 2011

Xa queda pouco para o noso Entroido

Xa non queda case nada. E os disfraces xa están medios listos. Vede aquí a última pista. A seguinte vez xa nos veredes a todos e todas co noso disfrace. Xa veredes é moi chulo.


Para rematar os mandatos

Ademais de algo na cara, algo no pescozo e algo na cabeza. Querémosvos ver chulísimos e chulísimas.

1 de marzo de 2011

OUTRO ANIVERSARIO

Hoxe é o aniversario de
ADRIÁN
e tamén el cumpriu os
7 aniños.


Mandato para o mércores

Pero non  olvidedes que tamén hai que traer os mandatos do luns e do martes.

ENTROIDO LIBRE