30 de noviembre de 2010

Panadeiros por un día

      O venres fomos a ver como se fai o pan. E sabedes, traballamos e ninguén nos rifou por mancharnos a roupa. Aquí tedes unhas poucas fotos de mostra.




       E aquí fixemos unha pequena montaxe de como se fai o pan e as pequenas pizzas.



25 de noviembre de 2010

Plantamos árbores

      Hoxe veu a nosa aula o profe Jose para facer unhas plantacións. Hai uns días chegaron ao cole unhas caixiñas onde poñía Nickológico. E sabedes dentro desa caixiña viñan unhas landras e unha árbore pequena. Plantámolas alí na aula e agora tócanos coidar delas, para que crezan e se convertan en grandes árbores que tanto necesitamos para respirar.
Vede que ben traballamos.


E isto só é o comezo porque temos pensado plantar máis plantas. Xa vos iremos informando.

23 de noviembre de 2010

O CICLO DO PAN

O Venres imos ir os nenos e nenas de primeiro ciclo a visitar o EFA das Neves, para ver como se fai o pan. Imaxinádevos ímonos converter en panadeiros por un día.

Aquí quedan uns pequenos vídeos que van espertar a nosa curiosidade sobre o pan. Ese alimento que comemos tódolos días e que tanto nos gusta.











20 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Os dereitos da infancia están estipulados na Conveción sobre os dereitos do Neno e foi aprobado como tratado internacional de dereitos humanos o 20 de novembro de 1989.


Nesta convención recóllense os seguintes dereitos:


  • O dereito á indentidade e a nacionalidade.
  • O dereito á protección
  • O dereito a non ser explotados
  • O dereito a unha vida segura  e de benestar
  • O dereito a unha atención médica.
  • O dereito a unha atención especial ao diminuído
  • O dereito á protección contra a discriminación.
  • O dereito á igualdade.
  • O dereito á educación.
  • O dereito a medrar en comprensión, tolerancia, paz e fraternidade.
  • O dereito á familia.
  • O dereito a medrar con amor, respeto e compresión.

Aquí vai un pequeno vídeo.


E aquí quédavos tamén unha canción moi bonita.

14 de noviembre de 2010

O MAGOSTO